Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Consultas

Tema: Asistencia sanitaria

  • Asistencia sanitaria

    • Quen ten dereito a asistencia sanitaria da Seguridade Social?
      Categoría: Subsidios e outras prestacións > Tema: Asistencia sanitaria

      Terán dereito á prestación de asistencia sanitaria da Seguridade Social:

      • Os traballadores (afiliados e en alta ou en situación asimilada á de alta).
      • Os pensionistas da Seguridade Social.
      • Os perceptores de prestacións periódicas, incluídos os perceptores da prestación ou subsidio de desemprego.
      • Os que despois de esgotar a prestación e o subsidio por desemprego, se atopen en desemprego e residan en España.
      • Os que subscriben un Convenio Especial.
      • Os menores tutelados pola Administración.
      • Os distintos dos anteriores que non tendo cobertura obrigatoria da prestación sanitaria por outra vía, residan en España, sen prexuízo do disposto nos Regulamentos Comunitarios e Convenios Bilaterais.
      • Os beneficiarios de todos os anteriores:
        • O cónxuxe ou persoa con análoga relación de afectividade.
        • O ex cónxuxe a cargo do asegurado, con dereito a pensión compensatoria.
        • Os descendentes e persoas asimiladas (tutelados, acollidos legais,  e irmáns/ás), menores de 26 anos ou que teñan unha discapacidade en grao igual ou superior ao 65 %.
        Todos eles han de reunir os seguintes requisitos:
        • Convivir co titular (agás separados e divorciados) e estar ao seu cargo (agás cónxuxe e parella de feito).
        • Non percibir rendas superiores ao dobre do IPREM.
        • Non ter dereito a esta prestación por título distinto.
      • Tamén terán dereito á asistencia sanitaria os  estranxeiros que atopándose en España non teñan a súa residencia legal en territorio español. Neste caso para obter a asistencia sanitaria terán que dirixirse directamente ao servizo de Saúde da Comunidade Autónoma onde residan.
      Accións dispoñibles
Complementary Content
${loading}